GRAMÁTICA
Alfabeto e pronuncia ·
Frases ·
Substantivos ·
Determinantes ·
Pronomes ·
Adxectivos ·
Adverbios ·
Verbos ·
Preposicións ·
Conxuncións ·
Preguntas ·
Proposicións ·
Números ·
Formación de palabras ·
Abreviaturas ·
Puntuación
A maioría das frases en elefen conteñen un grupo verbal, que representa xeralmente unha acción. Un grupo verbal consiste nun verbo e nos modificadores, tales como adverbios ou grupos preposicionais.
Os dous sintagmas nominais máis importantes son o suxeito e o obxecto. O seu sentido preciso depende do verbo, pero, grosso modo, o suxeito é o que realiza a acción, e o obxecto, o que está directamente relacionado con ela.
En elefen, o suxeito precede sempre ao verbo e o obxecto vai detrás:
Nalgúns casos, por estilo ou clarificación, pódese poñer o obxecto do verbo ao comezo da frase. Nestes casos, o obxecto debe estar seguido dunha coma, e un pronome para o obxecto que é usado despois do verbo:
A maioría dos verbos necesitan un suxeito, pero hai moitos que non necesitan un obxecto.
O atributo é un elemento frecuente na frase. Trátase dun elemento descritivo complementario, o cal pode ir precedido de verbos como es (ser/estar), deveni (converterse), pare (parecer) e resta (permanecer):
Outro elemento importante na frase é o grupo preposicional, que necesita un substantivo ou verbo que o preceda ou o una á frase.
Algunhas frases conteñen tamén proposicións, que son como pequenas frases no interior da frase principal (proposicións subordinadas). Poden modificar aos sintagmas nominais, os sintagmas verbais ou a oración principal:
Esta paje es presentada con la lisensa CC Attribution-Share Alike 4.0 International.
Lo ia es automatada jenerada de la paje corespondente en la Vici de Elefen a 12 otobre 2024 (16:16 UTC).