GRAMÁTICA
Alfabeto e pronuncia · Frases · Substantivos · Determinantes · Pronomes · Adxectivos · Adverbios · Verbos · Preposicións · Conxuncións · Preguntas · Proposicións · Números · Formación de palabras · Abreviaturas · Puntuación

Determinantes

Un determinante é unha palabra que modifica un substantivo para describir a súa identidade e a súa cantidade. Á parte da -s do plural (que é considerado como un determinante en elefen), os determinantes colócanse sempre diante do substantivo.

Existen diferentes clases de determinantes. Velaquí un exemplo tipo de cada un deles: tota, la, esta, cual, cada, mea, multe, otra.

Predeterminantes

Tota significa “todo” ou “todos”. Indica a totalidade do substantivo que describe. Ao contrario que cada, tota trata o todo como unha unidade, e non como individuos separados:

Ambos significa “os dous”. Pódese empregar no canto de tota, cando se di que toda a cantidade limítase a dúas. O substantivo debe estar en plural:

Semánticamente, tota e ambos non se diferencian dos cuantitativos, pero trátaselles como unha clase á parte pola súa sintaxe: colócanse diante de calquera outro determinante no grupo nominal, incluíndo la.

Tamén poden ser utilizados como pronomes.

Artigos

O elefen posúe dous artigos – o artigo determinado la, e o artigo indeterminado un. “Determinado” (ou «definido») quere dicir que o substantivo indica unha cousa xa definida, e que, en consecuencia, non se refire a nada novo.

La introduce un substantivo referíndose a algo ou alguén coñecido polo interlocutor. Utilízase nas seguintes situacións:

Un introduce un substantivo singular que expresa calquera cousa que o interlocutor aínda non coñece. Non se pode usar con substantivos plurais ou incontables.

Algunhas linguas posúen artigos partitivos que indican as cantidades non especificadas dun substantivo non contable. O elefen emprega la ou mesmo ningún artigo:

Demostrativos

Os demostrativos designan o que o substantivo expresa, situándoo no tempo ou no espazo ou no texto mesmo.

Esta significa «este/esta/estes/estas». É parecido a la, e designa sempre algunha cousa próxima ao interlocutor, xa sexa física ou metaforicamente:

Acel significa «aquel/aquela/aqueles/aquelas». Parécese a la, pero designa unha cousa afastada do interlocutor ou, polo menos, máis afastada que a que representa esta:

Esta e acel pódense transformar en pronomes.

Interrogativos

Os interrogativos serven para formular preguntas.

Cual significa “cal” fai unha pregunta de identidade ou especie:

Cuanto significa “canto”, cun substantivo contable ou incontable:

Cual e cuanto úsanse tamén en preguntas indirectas.

Determinantes de selección

Estes determinantes seleccionan os individuos dun conxunto:

Cada significa «cada», se se consideran os elementos un por un, por separado. O substantivo é contable pero singular:

Cualce significa «calquera» – non importa o que o suxeito elixa. O substantivo, polo xeral, é contable:

Alga indica que non se especifica a identidade do expresado polo substantivo.

Alga significa «unha certa cantidade/un pouco de» ou «algo», e indica unha cantidade non especificada das que se expresa polo substantivo. A miúdo dáse a entender que a cantidade non especificada é relativamente pequena – pola contra diríase multe – pero non demasiado pequena, o cal que sería poca:

Utilizado co substantivo incontable ou un substantivo plural contable, alga indica que tampouco se especifica a cantidade que se expresa co substantivo:

No quere dicir «non», «ningunha cantidade» ou «nada de». Indica que o expresado polo substantivo está ausente ou inexistente:

Sola significa «só», «único» – soamente hai un e non outro, polo menos, que sexa importante:

Estes determinantes, excepto no e sola, pódense utilizar como pronomes. Son pronomes especiais, cadun, cualcun, algun, e nun, que se refiren ás persoas. Para referirse ás cousas, aos determinantes simplemente séguelles cosa.

Posesivos

Os adxectivos posesivos son mea, tua, nosa, e vosa:

Tamén se pode indicar a posesión cunha frase de me, de tu, etcétera:

A terceira persoa é o adxectivo posesivo sua, sen importar que o pronome equivalente sería el, lo, los, on ou se:

Para expresar deles (ou de si en plural), pódese usar o determinante lor en lugar de sua. Pero non é obrigatorio. Sua pódese usar sempre (e é máis tradicional), pero nalgunhas frases lor pode ser máis claro:

Cuantitativos

Os cuantitativos permiten expresar a cantidade que é indicada polo substantivo:

O marcador de plural -s é o determinante cuantitativo de base. Un sintagma nominal que inclúa un substantivo plural, non require ningún outro determinante:

Ademais do artigo indefinido, un é o número «uno», indica unha unidade do referenciado polo substantivo. Por conseguinte, o substantivo debe ser contable e singular:

Os outros números cardinais (du, tre, cuatro, etcétera) son tamén cuantificadores.

Multe significa «moitos». Indica unha gran cantidade do referenciado polo substantivo, e úsase con substantivos contables e incontables:

Poca é o contrario de multe, e indica unha pequena cantidade. Significa «pouco»:

Plu significa «máis». Indica unha cantidade maior do referenciado polo substantivo, e pódese usar con substantivos contables e incontables. La plu significa «a maioría», a cantidade máis grande:

Min é o contrario de plu, e significa «menos», indica unha cantidade máis pequena, e pódese usar con substantivos contables e incontables. La min significa «a minoría», a menor cantidade:

Pódense usar todos os cuantitativos como pronomes.

Determinantes de similitude

Outros catro determinantes concirnen a similitude ou a diferenza:

La mesma significa «o mesmo» / «a mesma» / «os mesmos» / «as mesmas». o mesmo» / «a mesma» / «os mesmos» / «as mesmas Normalmente, non se pode omitir a palabra la, a pesar de que se pode cambiar por esta ou acel:

Otra significa «outro» / «outros» / «outra» ou «outras».

Tal significa «tal», «ese tipo de», «dese estilo», de tal ou cal especie:

Propre indica a pertenza da cousa polo nome ao seu posuidor. É especialmente útil despois do determinante sua para aclarar que o significado é reflexivo: a cousa indicada pertence ao suxeito da frase:

Orde dos determinantes

Os determinantes seguen esta orde:

Por exemplo:

Esta paje es presentada con la lisensa CC Attribution-Share Alike 4.0 International.
Lo ia es automatada jenerada de la paje corespondente en la Vici de Elefen a 12 otobre 2024 (16:16 UTC).