GRAMÁTICA
Alfabeto e pronuncia · Frases · Substantivos · Determinantes · Pronomes · Adxectivos · Adverbios · Verbos · Preposicións · Conxuncións · Preguntas · Proposicións · Números · Formación de palabras · Abreviaturas · Puntuación

Adxectivos

Un adxectivo é unha palabra que modifica o sentido dun substantivo. Representa as calidades do que é indicado polo substantivo.

En elefen, os adxectivos non varían en xénero nin en número.

Orde das palabras

A maior parte dos adxectivos colócanse detrás do substantivo ao que modifican. Con todo bon (“bo/a”) e mal (“malo/a”) adóitanse colocar diante do substantivo, salvo se son eles mesmos os modificados:

Na maioría dos casos, é posible engadir máis dun adxectivo cualificativo sen causar confusión. Pero nalgúns casos, un dos adxectivos pode ser entendido como un adverbio o que altera o significado do adxectivo seguinte. Pódese colocar e entre os adxectivos para evitar confusión:

Nalgúns casos, pódese colocar un adxectivo diante do substantivo: por razóns de estilo en poesías ou narracións, ou cando se trata de adxectivos de peso similar:

Os adxectivos que máis conveñen para este uso son os máis simples e curtos, como bela, fea, nova, vea, grande, e peti.

Comparación

Fórmanse os adxectivos de comparación engadindo os adverbios plu (“máis”) e min (“menos”). “Que” é ca en elefen:

Fórmanse os adxectivos superlativos engadindo os adverbios la plu (“o máis”) e la min (“o menos”):

Pódese combinar un ordinal coa construción superlativa:

Os comparativos de igualdade fórmanse coa combinación tancomo… (“tan… como…” ou “tan… coma…”):

Adxectivos como substantivos

Pódese transformar un adxectivo nun substantivo cuxo sentido é un ser que posúe a calidade dese adxectivo. O substantivo resultante segue as regras habituais dos substantivos: toma o -s do plural, depende de determinantes e pode ser modificado por adxectivos:

Esta paje es presentada con la lisensa CC Attribution-Share Alike 4.0 International.
Lo ia es automatada jenerada de la paje corespondente en la Vici de Elefen a 12 otobre 2024 (16:16 UTC).