Abreviaturas
Utilízanse moitas abreviaturas para palabras ou frases correntes. As maiúsculas úsanse xeralmente en abreviaturas que permanecen abreviadas na pronuncia:
- acc. (ance conoseda como) – alias
- AEC (ante la eda comun) – a.C.
- EC (de la eda comun) – de nosa era
- etc. (e tal cosas, e tal continuante) – etc. (et cetera)
- LFN – LFN (Lingua Franca Nova)
- n. (numero) – n. (número)
- NB (nota bon) – NB (nota bene)
- OVN (ojeto volante nonidentifiada) –OVNI (obxecto voador non identificado)
- p. (paje, pajes) – p. (páxina/s)
- pd. (per dise) – é dicir, isto é, noutras palabras
- pe. (per esemplo) – por exemplo
- pf. (per favore) – por favor
- PS (pos scrive) – P.D. (posdata)
- TV (televisa, televisador) – TV (televisión)
- v. (vide) – véxase
O elefen utiliza tamén abreviaturas provenientes doutras linguas e que son recoñecidas internacionalmente e tamén as abreviaturas do sistema métrico:
- CD (disco compata) – CD (compact disc)
- PC (computador personal) – PC (personal computer)
- cm (sentimetre) – cm (centímetro)
- km (cilometre) – km (quilómetro)
- mg (miligram) – mg (miligramo)
- μm (micrometre) – μm (micrómetro)
- MB (megabait) – MB (megabyte)
Para as formas curtas dos nomes propios e os títulos, empréganse as letras maiúsculas. Con todo, as palabras como la e de – que non aparecen en letras maiúsculas na forma plena do nome – son ignoradas nas abreviaturas. Estes nomes son ás veces introducidos por la, mesmo cando son abreviados:
- Dr (dotor) – Dr. (Doutor…)
- Sr (senior) – Sr. (Señor…)
- Sra (seniora) – Sra. (Señora…)
- la NU (Nasiones Unida) – A ONU (Organización das Nacións Unidas)
- la RU (Rena Unida) – R.U. (o Reino Unido)
- la SUA (Statos Unida de America) – EUA (os Estados Unidos)
Algúns nomes propios son máis coñecidos internacionalmente pola súa abreviatura orixinal polo que se conserva en elefen:
- IBM – IBM (International Business Machines Corporation)
- KGB – KGB (Комитет государственной безопасности, Comité de Seguridad del Estado)