Frases
A maioría das frases en elefen conteñen un grupo verbal, que representa xeralmente unha acción. Un grupo verbal consiste nun verbo e nos modificadores, tales como adverbios ou grupos preposicionais.
Suxeito e obxecto
Os dous sintagmas nominais máis importantes son o suxeito e o obxecto. O seu sentido preciso depende do verbo, pero, grosso modo, o suxeito é o que realiza a acción, e o obxecto, o que está directamente relacionado con ela.
En elefen, o suxeito precede sempre ao verbo e o obxecto vai detrás:
- La gato xasa la scural. – O gato (suxeito) … caza (verbo) … o esquío (obxecto).
- La can dormi. – O can (suxeito) … dorme (verbo).
Nalgúns casos, por estilo ou clarificación, pódese poñer o obxecto do verbo ao comezo da frase:
- La gatos me no gusta. – Os gatos non me gustan.
A maioría dos verbos necesitan un suxeito, pero hai moitos que non necesitan un obxecto.
Complementos
O atributo é un elemento frecuente na frase. Trátase dun elemento descritivo complementario, o cal pode ir precedido de verbos como es (ser/estar), deveni (converterse), pare (parecer) e resta (permanecer):
- Computadores es macinas. – Os computadores (suxeito)… son (verbo)… máquinas (atributo).
- La aira pare umida. – O aire (suxeito)… parece (verbo)… húmido (atributo).
- La patatas ia resta calda. – As patacas (suxeito)… permanecen (verbo) … quentes (atributo).
- La idea es ce tu canta. – A idea (suxeito)… é (verbo)… que ti cantes (atributo: proposición).
Preposicións
Outro elemento importante na frase é o grupo preposicional, que necesita un substantivo ou verbo que o preceda ou o una á frase.
- La om ia cade tra sua seja. – O home (suxeito) … caeu (verbo) … pola súa cadeira grupo preposicional).
- En la note, la stelas apare. – Na noite, (grupo preposicional) … as estrelas (suxeito) … aparecen (verbo).
- Me dona a tu esta poma. – Eu (suxeito) … dou (verbo)… che (grupo preposicional) … esta mazá (obxecto).
- Tu no aspeta como tua foto. – Ti (suxeito) … non aparentas (verbo) … como na túa foto (grupo preposicional).
Proposicións
Algunhas frases conteñen tamén proposicións, que son como pequenas frases no interior da frase principal (proposicións subordinadas). Poden modificar aos sintagmas nominais, os sintagmas verbais ou a oración principal:
- La om ci ia abita asi ia vade a Paris. – O home que vive aquí foise a París.
- El va visita en julio, cuando la clima es bon. – Visitará en xullo, cando faga bo.
- On no ia permete me a fa la cosas como me ia desira. – Non me deixaba facer as cousas como eu quería.
- Me pensa ce el es bela. – Penso que é bela.