Alfabeto e pronuncia
Alfabeto
O elefen utiliza o alfabeto máis coñecido do mundo: o latino.
- Minúsculas
- a b c d e f g h i j l m n o p r s t u v x z
- Maiúsculas
- A B C D E F G H I J L M N O P R S T U V X Z
As letras «K», «Q», «W» e «Y» non aparecen nos nomes comúns. Utilízanse para conservar a forma orixinal dos nomes propios así como dos nomes escritos en linguas estranxeiras.
Nunhas cen palabras internacionais de orixe non románico, podemos escribir «W» no canto de «U», e «Y» no canto de «I», para presentar unha ortografía máis fácil de recoñecer: ioga/yoga, piniin/pinyin, sueter/sweter, ueb/web. Á parte destes casos, usamos «K», «Q», «W» e «Y» só para conservar as formas orixinais de nomes propios e de palabras estranxeiras.
O H non é común pero pódese atopar en nomes técnicos e culturais.
Maiúsculas
A maiúscula utilízase ao principio da oración, así como nos nomes propios. Cando un nome propio está formado por varias palabras, cada unha delas empeza con maiúscula, menos as palabras como la ou de:
- Persoas reais ou imaxinarias, así como animais personificados e cousas
- Maria, San Paulo, Barack Obama, Seniora Braun, Jan de Hartog, Oscar de la Renta, Mickey Mouse
- Organizacións; por exemplo: sociedades e asociacións
- Ikea, Nasiones Unida, Organiza Mundal de Sania
- Territorios políticos; por exemplo: nacións, estados e cidades
- Frans, Atina, Site de New York, Statos Unida de America
- Lugares xeográficos; por exemplo: ríos, océanos, lagos, montañas
- la Alpes, Rio Amazon, Mar Atlantica
- Letras do alfabeto
- E, N
Pero, para os títulos das obras de arte, así como das obras literarias, tan só leva maiúscula a primeira palabra (así como os nomes propios, se os contén):
- Un sonia de un note de mediaestate – Soño dunha noite de verán
- La frates Karamazov – Os irmáns Karamazov
- Tocata e fuga en D minor – Tocata e fuga en re menor
Algunhas veces, como nos anuncios, as maiúsculas úsanse para SALIENTAR palabras ou frases enteiras.
O elefen utiliza minúsculas onde algunhas linguas utilizarían maiúsculas:
- Días da semana
- lundi, jovedi – luns, xoves
- Meses
- marto, novembre – marzo, novembro
- Días festivos
- natal, ramadan, pascua – Nadal, Ramadán, Pascua
- Séculos
- la sentenio dudes-un – o século XXI
- Linguas e pobos
- catalan, xines – o catalán, o chinés
Nomes das letras
As seguintes sílabas son os nomes das letras no discurso, por exemplo, cando se deletrea unha palabra:
- a be ce de e ef ge hax i je ka el em en o pe qua er es te u ve wa ex ya ze
Os seus nomes pódense poñer en plural: as, bes, efes.
Ao escribir, un pode presentar a letra tal cal, en maiúscula ou engadindo -s para o plural:
- La parola “matematica” ave tre As, du Ms (pronunciada emes), e un E. – A palabra «matemática» ten tres aes, dous emes e unha e.