Adxectivos
Un adxectivo é unha palabra que modifica o sentido dun substantivo. Representa as calidades do que é indicado polo substantivo.
En elefen, os adxectivos non varían en xénero nin en número.
Orde das palabras
Un adxectivo segue o substantivo que modifica:
- un can bon – un bo can
- la can la plu bon – o mellor can
- resultas eselente – excelentes resultados
Na maioría dos casos, é posible engadir máis dun adxectivo cualificativo sen causar confusión. Pero nalgúns casos, un dos adxectivos pode ser entendido como un adverbio o que altera o significado do adxectivo seguinte. Pódese colocar e entre os adxectivos para evitar confusión:
- la nara vera longa – a historia moi longa (vera = adverbio)
- la nara vera e longa – a historia verdadeira e longa (vera = adjetivo)
- la om grande, forte e stupida – o home grande, forte e estúpido (tres adxectivos)
Para efectos de estilo ou eufonía na literatura, uns cantos adxectivos breves e frecuentes poden preceder ao substantivo, salvo se son eles mesmos os modificados. Estes adxectivos son bon, mal, peti, grande, vea, nova, joven, bela, fea, cara e santa:
- un bon idea – unha boa idea (pero sempre: un idea multe bon – unha moi boa idea)
- mea cara ami – meu querido amigo / miña querida amiga
- la peti casa bela – a casiña encantadora
- un vea faia putrida – unha faia vella podre
Moitas exclamacións curtas comezan sempre con bon antes do substantivo:
- bon dia! – bo día!
- bon anio nova! – feliz ano novo!
- bon apetito! – bo apetito!
- bon idea! – boa idea!
- bon viaja! – boa viaxe! (o: viaja bon! = un verbo cun adverbio)
Comparación
Fórmanse os adxectivos de comparación engadindo os adverbios plu (“máis”) e min (“menos”). “Que” é ca en elefen:
- La cosina es plu calda ca la jardin. – A cociña é máis calorosa que o xardín.
- Esta leto es min comfortosa ca me ia previde. – A cociña é máis calorosa que o xardín.
Fórmanse os adxectivos superlativos engadindo os adverbios la plu (“o máis”) e la min (“o menos”):
- La sol es la ojeto la plu calda en la sistem solal. – O sol é o astro máis quente do sistema solar.
- El ia ave un fia la plu bela en la mundo. – Tiña un filla, a máis bela do mundo.
Pódese combinar un ordinal coa construción superlativa:
- Vega es la stela sinco la plu briliante en la sielo de note. – Vega é a quinta estrela máis brillante no firmamento.
- El ia deveni la om tre de la plu ricas en la mundo. – Converteuse no terceiro home máis rico do mundo.
Os comparativos de igualdade fórmanse coa combinación tan… como… (“tan… como…” ou “tan… coma…”):
- La arbor ia es tan alta como un casa. – A árbore é tan grande como a casa.
Adxectivos como substantivos
Pódese transformar un adxectivo nun substantivo cuxo sentido é un ser que posúe a calidade dese adxectivo. O substantivo resultante segue as regras habituais dos substantivos: toma o -s do plural, depende de determinantes e pode ser modificado por adxectivos:
- Esta anelo es perfeta sirculo. Lo es un sirculo perfeta. – Este anel é perfectamente circular. É un círculo perfecto.
- Marilyn es un blonde, e seniores prefere blondes. – Marilyn é loura e os homes prefírenas louras.