Substantivos
Os substantivos adoitan ser introducidos por determinantes, e poden ir seguidos de adxectivos e de grupos preposicionais, para crear un grupo nominal. Os substantivos representan os obxectos físicos, tales como persoas, lugares ou cosas pero igualmente representan conceptos abstractos, similares gramaticalmente.
Plural
Engádese -s ao substantivo para formar o plural. Se o substantivo en singular termina en consoante, engádese -s. A terminación do plural non modifica a acentuación da palabra:
- gato, gatos – gato, gatos
- om, omes – home, homes
Os adxectivos, que modifican un substantivo, non cambian en plural. Pero se os empregamos como substantivos, débese engadir a marca de plural cando sexa necesario:
- la bones, la males, e la feas – os bos, as malas e as feas
- multe belas – moi bonitos/bonitas
Algúns substantivos, plurais noutras linguas, son singulares en elefen:
- El regarda un sisor con un binoculo. – El mira unhas tesoiras cuns prismáticos.
- On usa un bretela per suporta sua pantalon. – Utilízanse os tirantes para suxeitar os pantalóns.
- Me ia compra esta oculo de sol en Nederland. – Comprei estas lentes de sol nos Países Baixos.
Substantivos contables e non contables
Do mesmo xeito que en moitas outras linguas, o elefen distingue substantivos contables e incontables. Un substantivo contable pode ser modificado por un número e toma a -s do plural. Os substantivos contables representan en xeral os obxectos físicos, identificables individualmente, tales como casas, gatos ou pensamentos: Por exemplo:
- un auto; la autos; cuatro autos – un coche; os coches, catro coches
- un gato; multe gatos; un milion gatos – un gato; moitos gatos; un millón de gatos
Pola contra, os substantivos non contables non toman en xeral o -s do plural. Os substantivos non contables representan en xeral as masas sen individualidade definida, tales como líquidos (auga, zume), po (azucre, area), substancias (metal, madeira), ou calidades abstractas (elegancia, lentitude). Cando os modifican un número ou un cuantitativo, engádeselles unha unidade de medida para aclarar. Por exemplo:
- la acua; alga acua; tre tases de acua – auga; algo de auga; tres cuncas de auga
- lenio; multe lenio; du pesos de lenio – madeira; moita madeira, dous troncos de madeira
Pódense utilizar substantivos non contables como contables. Trátase de situacións particulares:
- Du cafes, per favore. – Dous cafés, por favor.
- Me ia proba multe cesos. – Probei moitos queixos.
- On no pote compara la belias de Paris e Venezia. – Non se poden comparar as belezas de París e Venecia.
Xénero
Os substantivos non adoitan indicar o seu xénero. Para distinguilos, utilízanse os adxectivos mas e fema:
- un cavalo mas – un cabalo
- un cavalo fema – unha egua
Con todo, para algúns nomes de parentesco, o masculino toma un -o e o feminino un -a:
- avo, ava – avó, avoa
- fio, fia – fillo, filla
- neto, neta – neto, neta
- sobrino, sobrina – sobriño, sobriña
- sposo, sposa – esposo, esposa
- tio, tia – tío, tía
- xico, xica – mozo, moza
Pero para algunhas parellas utilízanse nomes diferentes para cada sexo:
- cavalor, dama – cabaleiro, dama
- dio, diva – deus, deusa
- om, fem – home, muller
- padre, madre – pai, nai
- re, rea – rei, raíña
- senior, seniora – señor, señora
- frate, sore – irmán, irmá
O sufijo -esa é raro e serve para formar a variante feminina dalgunhas condicións sociais históricas:
- abade, abadesa – abade, abadesa
- baron, baronesa – barón, baronesa
- conte, contesa – conde, condesa
- duxe, duxesa – duque, duquesa
- imperor, imperoresa – emperador, emperatriz
- marci, marcesa – marqués, marquesa
- prinse, prinsesa – príncipe, princesa
- tsar, tsaresa – tsar, tsarina
Grupos nominais
Un grupo nominal consiste nun substantivo e os seus modificadores: determinantes, que preceden o substantivo, e os adxectivos e grupos preposicionais, que lle seguen.
Os dous grupos nominais principais na oración son o suxeito e o obxecto. O suxeito precede o verbo, e o obxecto séguelle. Outros grupos nominais son habitualmente introducidos por preposicións para aclarar o seu papel.
Un grupo nominal debe normalmente conter un determinante – ás veces, simplemente unha marca de plural -s. Pero esta regra non se aplica aos nomes propios, nin aos días da semana, nin aos meses nin ás linguas nin aos substantivos non contables:
- Desembre es calda en Australia. – Decembro é caloroso en Australia.
- Nederlandes es mea lingua orijinal. – O neerlandés é a miña lingua materna.
- Me gusta pan. – Gústame o pan.
Reláxase a regra cando o grupo nominal segue a unha preposición, sobre todo nas expresións fixas:
- El es la comandor de polisia. – É o xefe de policía.
- Me no gusta come bur de aracide. – Non me gusta a crema de cacahuetes.
- Nos vade a scola. – Imos á escola.
- Acel es un problem sin solve en matematica. – É un problema sen solución en matemáticas.
- Un virgula pare nesesada per claria. – Unha coma parece necesaria para aclarar.
Un adxectivo ou determinante pode ser modificado por un adverbio que o precede. Tendo en conta que son parecidos aos adxectivos, nunha enumeración, están separados por unha coma ou por e. Ao falar, é a melodía da oración a que marca a diferenza:
- Sola un poma multe putrida ia resta. – Tan só queda unha mazá podre.
- Me ia encontra un fem bela, joven, e intelijente. – Atopei unha muller bela, nova e intelixente.
Ás veces un substantivo utilízase para simbolizar un membro calquera da súa clase. Neste caso, pouco importa se se utiliza la ou un, ou se o substantivo se atopa en singular ou en plural.
- La arpa es un strumento musical. – A arpa é un instrumento musical.
- Un arpa es un strumento musical. – Unha arpa es un instrumento musical.
- Arpas es strumentos musical. – As arpas son instrumentos musicais.
Un pronome é unha variante particular dun grupo nominal. Normalmente, non se pode modificar.
Aposición
Dinse que dous grupos nominais atópanse en aposición cando o segundo segue directamente ao primeiro e os dous representan á mesma persoa ou cousa. Na maioría dos casos, o segundo identifica a persoa ou cousa:
- la Rio Amazona – o río Amazonas
- la Mar Pasifica – o océano Pacífico
- la Isola Skye – a illa Skye
- la Universia Harvard – a Universidade de Harvard
- la Funda Ford – a Fundación Ford
- Re George 5 – o rei George V
- San Jacobo la major – Santiago o Maior
- Piotr la grande – Pedro o Grande
- mea ami Simon – o meu amigo Simon
- la parola “inverno” – a palabra «inverno»
- la libro La prinse peti – o libro O Principiño
Os acrónimos e as letras simples poden seguir directamente a un substantivo para modificalo:
- La disionario es ance disponable como un fix pdf. – O dicionario atópase igualmente dispoñible en PDF.
- El ia porta un camisa T blu de escota V. – Ela levaba posta unha camiseta azul cun escote en “V”.
Ás veces, dous substantivos aplícanse por igual a un obxecto ou persoa. Nestes casos, os substantivos únense cun guión:
- un produor-dirijor – un produtor-director
- un primador-scanador – unha impresora-escáner
En todos os casos, a marca de plural (-s ou -es) aplícase a ambos os substantivos:
- la statos-membros – os estados membros
- produores-dirijores – produtores-directores
O verbo nomi (que significa “chamar/nomear”) constitúe un caso á parte:
- Nos ia nomi el Orion. – Chamámoslle Orión.
- Me nomi esta forma un obelisce. — Chamo a esta forma «un obelisco».