pracrito | Presentade materiais orixinais en lingua franca nova.

Saúdos a todos.
Levo algún tempo observando os desenrolos da lingua franca nova.
Non vou entrar, nesta mensaxe, nas miñas críticas técnicas á lingua
franca nova, nin nas miñas diferencias persoais sobor dalgúns
creadores desta lingua planificada auxiliar.
O motivo desta mensaxe é máis conciso e máis práctico.
Teño unha petición pra vós.
Presentade materiais orixinais en lingua franca nova.
Materiais feitos en lingua franca nova (non en inglés) e que non
traten sobre a propia lingua franca nova, nin sobre linguas
planificadas auxiliares. Materiais orixinais sobre química,
iconografía, Historia, humor, deporte, etcétera. Aplicacións
prácticas da lingua franca nova.
Hai unha lista adicada especificamente ós usos prácticos e
utilitarios das linguas planificadas auxiliares: a lista Praktika
Lingvo Internacia. Non é unha lista pró esperanto unicamente, senón
pró uso práctico de tódalas linguas planificadas auxiliares (sen
liortas entre elas e sen insistir en temas gramaticais, ortográficos
e lingüísticos).
Na lista Praktika Lingvo Internacia pódense presentar traducións,
mais é preferible presentar material orixinalmente redactado en
lingua franca nova.
Enderezo da rolda: http://es.groups.yahoo.com/group/praktikalingvo/
Cordialmente, do Alexandre Xavier Casanova Domingo, correo
electrónico pracrito@... (pracrito arroba yahoo punto es).